Inicio » 2009 » enero

Archivo por meses: enero 2009

Soy vigués

Empecé en el año 2005 con esta aventura como LIBERAL VIGUÉS. Soy abogado de profesión, pero me interesa la política, hasta mayo de 2011 he sido Concejal del Ayuntamiento de Vigo,preocupado por sus problemas y que le gusta participar activamente en la búsqueda de soluciones. Comenceí no ano 2005 con esta aventura que é un blog persoal, son avogado de profesión, pero gústame a política, e fun concelleiro da cidade de Vigo ata maio do 2011.
enero 2009
L M X J V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

CONTADOR DE VISITAS

MANIFESTO ELECTORAL PARA UN NOVO FUTURO DE GALICIA

MANIFESTO ELECTORAL PARA UN NOVO FUTURO DE GALICIA, presente as miñas principais liñas de goberno.

1.- Chegou o momento de que a loita contra AS CRISES e contra a ameaza de DECADENCIA COMO COMUNIDADE serán as nosas prioridades irrenunciables. E dicimos, AS CRISES EN PLURAL, Porque témos unha crise económica, pero tamén POLÍTICA. . Porque no transfondo da crise económica latexan as carencias de responsabilidade e unidade política. Esta crise non só é financeira, senón tamén de base productiva e requirirá de • austeridade nas institucións públicas, • reestructuración da estructura económica, • cambios nas prioridades do gasto público, • reformas estructurais en educación e formación profesional, • alixeiramento da carga impositiva das familias, • acordos entre administración e forzas sociais, • defensa dos dereitos financieiros de Galicia fronte ao Estado que está privilexiando ás comunidades españolas máis poboadas e desenvolvidas, • potenciación das infraestructuras arteriais galegas, • reforzo da competitividade de todos os sectores de actividade económica • e un espírito decidido de gañar a credibilidade da poboación para levantalo ánimo, sumar forzas, recuperar a confianza nos gobernantes e protagonizar unha grande e exemplar recuperación histórica. Estamos preparados para afrontar todos os desafíos. 2.- CHEGOU O MOMENTO DE SUPERAR OS ANTAGONISMOS E DUALISMOS IDEOLÓXICOS. NON SEGUIREMOS NINGUNHA LIÑA DIRECTRIZ IDEOLÓXICA QUE PREXUZGUE A ANÁLISE OBXECTIVA, REFLEXIVA E CONSECUENTE DOS PROBLEMAS. Vivimos no século XXI, enfrontámonos a problemas radicalmente novos, non podemos confiarnos en visións que sustitúan o esforzo e a análise concreta de cada proxecto, iniciativa ou problema. Somos unha forza humanista e galeguista, que mira a Galicia como unha sociedade aberta, de xentes libres e iguais; en dereitos e deberes. Esa é a nosa forza. As ideas, opinións e ideoloxías, son compoñentes propios das persoas e grupos que forman a sociedade. Pero non deben ser liñas de demarcación insalvables, murallas para o entendemento, factores de división irreparable. A crise actual tennos demostrado que temos que REFUNDAR O SECTOR PÚBLICO e temos que IMPULSAR AO SECTOR PRIVADO PARA QUE SE RENOVE E REXENERE moitas das súas pautas de acción. Requerimos de cambios xerais en tódalas esferas da nosa sociedade. Non afrontaremos as crises sen unha conciencia xeral da necesidade de cambios serios, reflexivos e profundos en todas as súas facetas. 3.- Chegou o momento da igualdade real, de que a muller ocupe o papel que lle corresponde, e iso tamén como necesidades ética, socioeconómica e cultural dunha sociedade que ten na muller á súa columna vertebral. 4.-Chegou o momento dunha NOVA COHESIÓN INTERXENERACIONAL, de respecto, afecto e coidado recíproco entre os galegos de distintas idades. Entre avós, pais e fillos; entre mozos, adultos e maiores. Os maiores foron a base do que temos acadado; os adultos son os que o continuaron e preservaron; os mozos son os que o desenvolverán no futuro. Debemos vernos na continuidade real da historia, sentirnos responsables do futuro; e pensar nos galegos que aínda non naceron. Deixarlles unha terra, unha sociedade, da que poidan sentirse orgullosos. O noso exemplo debe ser o noso mellor legado. 5. CHEGOU O MOMENTO DE RECOÑECER QUE TODOS SOMOS NECESARIOS E TODOS SOMOS IMPRESCINDIBLES. Todos somos necesarios e todos somos imprescindibles. E como esta é unha verdade elemental, hai que facer unha POLÍTICA ECONÓMICA PARA TODOS, QUE RECOÑEZA A NOSA SUSTANCIAL COMPLEMENTARIEDADE. Recoñecer a interdependencia socioeconómica, o noso vivir e traballar comúns, require a coherencia da seriedade, da competencia, da profesionalidade pública. Hai que atender a todos cun PLAN CONXUNTO, cun PROGRAMA GLOBAL DE ESTABILIDADE E RECUPERACIÓN. O Partido Popular soubo facelo, tivo a valentía para facelo en 1.996 cando se dicía que a crise internacional era un problema xeral insalvable. Volveremos asumir o desafío e EN 2.009 GALICIA, SERÁ EXEMPLO DE COMO DEBEN ATENDERSE OS INTERESES DE TODOS 6.- CHEGOU O MOMENTO RECUPERAR O SENTIDO FECUNDO DAS LEIS, DAS NORMAS XUSTAS, DAS REGRAS DA CONVIVENCIA. Son o gran capital que permite erixirnos en sociedade civilizada. Unha sociedade libre é unha sociedade de cidadáns cumpridores da lei, e a lei é a verdadeira salvagarda da seguridade colectiva. AS LEIS CONSTITÚEN UN GRAN CAPITAL COMÚN. E os políticos, os responsables das institucións, debemos dar exemplo, ser a vangarda do bo comportamento legal, do exemplar funcionamento dos gobernos do pobo. 7.- CHEGOU O MOMENTO DE RENOVAR O PAPEL DA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA. CONVERTER AOS 90.000 EMPREGADOS PÚBLICOS GALEGOS nunha das palancas fundamentais da acción pública, da dinamización, do estímulo a tódolos cambios non é unha proposta utópica; é o imperativo máis realista que se debe propoñer un goberno cuxo brazo deliberativo, técnico, reflexivo, público e actuante, desenvólvese a través das persoas que forman o corpo de servidores públicos. 8.- CHEGOU O MOMENTO DO IDIOMA GALEGO COMO MOSTRA DA NOSA RIQUEZA, sinal de identidade e medio de conversación, de comunicación e expresión do noso talento. Temos que amalo e usalo como medio de integración, respecto e deferencia. NUNCA UTILIZALO COMO ARMA DE IMPOSICIÓN, NIN FOMENTALO POLA FORZA, NIN CONSENTIR A SÚA PROHIBICIÓN OU MENOSPREZO. Non podemos permitirnos que a nosa principal referencia identitaria se convirta no medio de división, símbolo de imposición administrativa ou nunha referencia artificial. Podemos compatibilizar as riquezas lingüísticas da nosa pertenza a España, á nación común que finalmente, a finais do século XX, logrou sentar as bases dunha convivencia estable, harmoniosa e fecunda baixo o manto da Constitución. Que tamén nos ten outorgado a lexitimidade orixinaria do noso Estatuto de Autonomía. 9.- CHEGOU O MOMENTO DE CONSIDERARNOS CIDADÁNS DUNHA SOA GALICIA, desta terra única e acolledora, diversa ao mesmo tempo que común; de xentes que nós sabemos individualmente diferentes pero profundamente semellantes. NON DEBE HABER GALEGOS DE PRIMEIRA E GALEGOS DE SEGUNDA, persoas que polo feito de residir no campo ou na cidade, nunha cabeceira comarcal ou nun núcleo rural, teñan dereitos e oportunidades desiguais. Debemos mostrar unha vontade xeral de cohesión territorial, de defender os dereitos dos demais alí onde se atopen. Debemos ser capaces de SUPERAR ALGÚNS LOCALISMOS RESIDUAIS; Debemos dotarnos dunha NOVA VISIÓN dos intereses xerais de Galicia. 10.- E, por fin, CHEGOU O MOMENTO DE explicitar o espírito que presidirá a nosa forma de gobernar. A NOSA NON É UNHA POLÍTICA DE DIVISIÓNS NIN ENFRONTAMENTOS, de vinganzas ou axustes de contas históricos. A NOSA É UNHA POLÍTICA DE AGREGACIÓN, SUMA DE VALORES, TRABALLO, CAPACIDADES E ENERXÍAS HUMANAS. Superar o partidismo e o clientelismo como carcomas dos cimentos da nosa vida democrática. Entenderemos e escoitaremos á oposición, e darémoslle o recoñecemento debido nos medios de comunicación pública, que han de dar exemplo de obxectividade e verdadeiro servizo ao pobo galego. A voz da oposición é tamén voz que representa a cidadáns galegos. E un acicate para o esforzo e mellora da xestión do goberno. Sobre esta decena de principios aséntase o desenvolvemento do programa electoral que vimos elaborando no Partido Popular, coa colaboración dos cidadáns, e que iremos presentando temáticamente durante os próximos días, para sometelo á opinión de todos os galegos. Como neste manifesto, o programa contén máis que promesas, compromisos responsables sobre ideas, medidas, actuacións e xestións que serán realidades se a miña candidatura alcanza a Presidencia da Xunta. Lonxe do pesimismo reinante, teño a convicción de que este é o camiño para devolver a confianza aos galegos que queren saír adiante e tamén, teño a vontade e a enerxía para que a Xunta sexa o mellor aliado de todos os galegos nese desafío. ESTE, E NINGÚN OUTRO, É O MEU PROPÓSITO. ESTE, E NINGÚN OUTRO, É O NOSO PROPÓSITO.

«Xornal do PP»

Soy vigués

Empecé en el año 2005 con esta aventura como LIBERAL VIGUÉS. Soy abogado de profesión, pero me interesa la política, hasta mayo de 2011 he sido Concejal del Ayuntamiento de Vigo,preocupado por sus problemas y que le gusta participar activamente en la búsqueda de soluciones. Comenceí no ano 2005 con esta aventura que é un blog persoal, son avogado de profesión, pero gústame a política, e fun concelleiro da cidade de Vigo ata maio do 2011.
enero 2009
L M X J V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

CONTADOR DE VISITAS