Discorría o ano 2007 e sendo Presidente da Xunta o socialista Emilio Pérez Touriño, xa tiña anunciado e presentada a maqueta do novo hospital de Vigo que daquela non era mais cun proxecto nunha maqueta. Ata 5 presentacións da ditosa maqueta, direi que algunha acudín persoalmente, e prometeuse polo bipartito dúas cousas: as obras comezarían no ano 09, e estarían rematadas no 12. Todo ilo FALSO. Chegou o ano 2009 e tivemos as eleccións autonómicas cun cambio de goberno, e entre as promesas do PP e o seu presidente Alberto Nuñez Feijóo a inmediata construción do novo hospital público de Vigo, cun sistema de concesión na construción, que é algo así como pedir unha hipoteca e deixar que o banco leve os teus seguros, neste caso a UTE constrúe o hospital e logo xestionará algúns servizos (NON MEDICOS),e a Xunta pagará a cambio un canon, como si da cota da hipoteca se tratara e o finalizar o período pactado a construción reverterá no SERGAS (e dicir como a nosa casa o final do pago da hipoteca será nosa e libre de cargas). O certo é que ata agora a construción avanza, xa está rematada a estrutura do grande edificio, ata o heliporto está no seu sitio (elo pode apreciarse na fotografía anexa, e ten aparecido nos últimos días nos medios).
Estamos nun momento de non retorno, Vigo precisa o hospital, Vigo non pode frear unha das construcións mais importantes do século dende logo, pero do anterior quizais tamén. O Partido Popular como partido serio que é, vai seguir adiante co proxecto, e esixirá a finalización no ano que ven (ano 13) como é previsto, para a súa rápida posta en marcha. Na outra beira están aqueles que aspiran a segundoxénitos, e a ter que aliarse non a favor de Vigo e dos galegos senón en contra do PP (que ben triste te é), e que saen agora dicindo que o van a parar todo nun momento de tanta crise económica para non se sabe moi ben qué, quizais para demolelo?
Unha mentira repetida mil veces non vai ser verdade, os vigueses non somos parvos e non nos imos deixar enganar por aqueles que non buscan a mellora da sanidade para Vigo senón por unha pedra no camiño dun partido político. Pero é que ademais temos a hemeroteca para ver o que eles fixeron cando foron dende o ano 5 ao 9 goberno, e o resumo é unha verba: MAQUETAS. Non podemos frear o progreso, non podemos demoler o construído, e volta a empezar, máxime cando tiveron o control do orzamento e a obra non tiña nin as expropiacións. O máximo obxectivo non pode ser o PP senón o que ten o PP que é o benestar de todos os cidadáns e o seu progreso, o demais son liortas, enganos e atrasos para todos.
Inicio » Uncategorized » O NOVO HOSPITAL DE VIGO: PÚBLICO E EN CONSTRUCCIÓN