CIDADE DA XUSTIZA: AS MENTIRAS DO MENTIREIRO CABALLERO.

O de Abel Caballero e a Cidade da Xustiza, non é mais que reflexo da forma de ser do persoaxe. O alcalde olívico, a pesares de serlo polos pelos, é a crónica da mentira, do enfrontamento coa Xunta de Galicia, e o que mais triste, da desidia na consecución dos proxectos importantes para a nosa cidade. Engana con descaro inusitado, minte coma ninguén, e manipula cun sórdido soriso na faciana. Non fai moito lembro como o señor Caballero cifraba o custe da expropiación dos terreos para a construcción por parte da Xunta de Galicia da Cidade da Xustiza en nada mais en nada menos que 21 millóns de euros (http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2011/11/24/xunta-ajusta-ciudad-justicia-pxom-espacio-concello-tasa-terrenos/600259.html), o día 24 de novembro. Hoxe no mesmo diario, 28 de xaneiro a cifra queda reducida a 4,9 millóns de euros (http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2012/01/28/concello-tasa-suelo-cidade-da-xustiza-49-millones-pide-xunta-aporte-37/618744.html), e dicir temos unha diferencia de 16,1 millóns de euros.

Pero ¿qué fixo Caballero? Enganar é a única explicación a esta situación. Agora ben pese a ter en marcha un expediente expropiatorio dende o anterior mandato agora di que e a Xunta que ten que pagar 3,7 millóns de euros incumprindo o Convenio existente. O mesmo señor Caballero que paseoú polos tellados dos Xulgados co ex-conselleiro Mendez Romeú, e quen agora de como xa non gobernan os seus deixar perder os diñeiros consignados pola Xunta de Galicia para a construcción desta importante infraestructura xudicial.

O señor Caballero convertiuse nun perigo para o desarrollo da nosa cidade, un alcalde debe ser quen de colaborar con outras administracións para acadar o futuro da cidade, non pode ser un alcalde partidista e cortoplacista como o mentireiro Caballero que só busca o rédito electoral e persoal.

Eu dende logo o teño claro Vigo necesita dalguén que defenda os seus intereses, os de Vigo non os persoais; Vigo precisa de traballar cara o futuro, non pensando no voto polo voto; Vigo precisa de altura de miras non de mentiras; Vigo precisa dun alcalde que cumpra cos compromisos acadados pola cidade e que non poña en risco as infraestructuras da nosa cidade. Da igual quen goberne en outra administración sexa da cor que sexa porque o partidismo pode levar o poder pero non a acadar o futuro que a nosa cidade precisa. Por eso basta xa de mentiras, de enganos, de partidismos, Caballero perxudica os intereses cidadáns e non o podemos permitir. No ano 2012 non podemos permitirnos perder unha inversión millonaria absolutamente necesaria para o futuro de Vigo por non ser quen de rematar o que o mesmo Caballero anuncioú e escomenzoú fai xa moitos meses. Vigo non o perdoará e os cidadáns tampoco.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *