UN FRACASO CHAMADO ZP.

Dende logo o presidente Zapatero non ten parangón coma gurú económico e social, é realmente un fenómeno da sociología. Ninguén lembra hoxe como fai pouco tempo o “amigo” Jose Luis chamaba fracasada a Angela Merkel (http://www.libertaddigital.com/mundo/merkel-fracasada-segun-rodriguez-zapatero-es-la-mujer-mas-poderosa-del-mundo-1276312316/) o seren elixida presidenta da primeira potenza europea Alamania.
O tempo, case sempre da e quita razóns, por elo hoxe cando as cifras do paro preocupan mais que nunca a nosa sociedade e a nosa economía, a política alemana e a sua canciller son espellos nos que mirarse, e dende logo nada mais alonxado do “fracaso”. Fracaso si temos no noso país, un fracaso chamado socialismo e liderado por un presidente que coma se de un “galo” daqueles de Asterix se tratara aférrase o cargo de presidente como Obelix a un xabarín, e iso vai redundando na pésima situación do país.
Hoxe os datos do paro veñen a incidir no diagnóstico de que o Sr. Zapatero é un fracaso e un perigo para o porvir do país, e que o maís necesario, o número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antiguo Inem) situose o finalizar decembro do 2010 en 4,1 millóns de persoas, tras subir en 176.470 desempregados no conxunto do 2010, cun aumento porcentual do 4,5% respecto ao 2009, según informou o Ministerio de Trabajo e Inmigración. Ante a sitación de crise, de paro, de desfeita no país só cabe se inda lle queda un pouquiño de responsabilidade o señor Zapatero, o adianto electoral e que o corpo electoral faga a sua valoración. ZP deixa de ser tamén un fracaso na saida e adianta as eleccións.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *